Mostrar mensagens com a etiqueta Os sonhos na gaiola. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Os sonhos na gaiola. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 12 de julho de 2017

O meu barco, de Manuel Maria








O MEU BARCO

Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
¡quen me verá navegar!

Navegarei por mil ríos,
sete mares hei cruzar.
¡No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar...!

¡No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
¡Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

¡O meu barco de xoguete!
¡O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

¡Andiven tódolos mares!
¡Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sin salir do meu fogar!


Manuel María, Os Sonhos na Gaiola


O Sol, de Manuel Maria







O SOL
O sol chámase Lourenzo
i é un señor moi finchado
que está no outo do ceio
todo o día relumbrando.
Vai vestido de marelo
leva chaleque encarnado.
Moi seguro de si mesmo
o seu calor nos vai dando.
 O sol chámase Lourenzo
i é un señor moi señalado.
¡Si non fora polo sol
estaría o mundo xeado!
Soio o sol manda no ceio,
moi solemne, moi barbado.
¡As súas barbas son os raios
con que nos vai alumando.
Manuel María, Os Sonhos na Gaiola



sábado, 16 de abril de 2016

O meu burrinho







O MEU BURRIÑO

Arre, ¡corre,
meu burro trotón,
meu burriño manso,
meu burriño bon!

- ¡Corre meu burriño;
non gallopes, voa!
¡A ver si lle ganas
o vento que zoa!

- ¡Arre meu burriño!
non seas perguiceiro!
¡A ver si lle ganas
o vento lixeiro...!

- ¡Corre meu burriño,
nos cascos pon ás!
¡Si queres, ó vento
deixarás atrás...!

- ¡Arre, meu burriño!
¡Corre mais deprisa!
¡Que si perde o vento
xa verás que risa...!

Manuel María, Os Sonhos na Gaiola

quarta-feira, 13 de abril de 2016

O Rio



 
 
 
 
O RÍO
 
O río pasa correndo,
non se para con ninguén.
O río canta pras cousas
e canta pra min tamén.
 
¡O río canta pras albres
paxareiras da ribeira!
¡O río canta pros prados
e pras nubes viaxeiras!
 
A todos di o seu cantar
con escuro e craro son.
 ¡A todos di o seu cantar
anque llo escoiten ou non!
Non lle preguntes ó río
a onde vai, de onde ven.
¡O río pasa correndo!
¡O río non se entretén!
O río pasa correndo,
 nunca deixa de pasar.
¡Vai decindo a súa canción
e non se pode parar!
 
Manuel María, Os Sonhos na Gaiola