O MEU BARCO
Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
¡quen me verá navegar!
Navegarei por mil ríos,
sete mares hei cruzar.
¡No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar...!
¡No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
¡Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!
¡O meu barco de xoguete!
¡O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!
¡Andiven tódolos mares!
¡Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sin salir do meu fogar!
Manuel María, Os Sonhos na Gaiola
Sem comentários:
Enviar um comentário