O RÍO
O río pasa
correndo,
non se para
con ninguén.
O río canta
pras cousas
e canta pra
min tamén.
¡O río canta
pras albres
paxareiras
da ribeira!
¡O río canta
pros prados
e pras nubes
viaxeiras!
A todos di o
seu cantar
con escuro e
craro son.
¡A todos di o seu cantar
anque llo
escoiten ou non!
Non lle
preguntes ó río
a onde vai,
de onde ven.
¡O río pasa
correndo!
¡O río non
se entretén!
O río pasa
correndo,
nunca deixa de pasar.
¡Vai decindo
a súa canción
e non se
pode parar!
Sem comentários:
Enviar um comentário